Tuesday 14 de May de 2024

O Concello de Frades organiza catro xornadas no Hotel Balneario Compostela, que terán lugar nas tardes dos martes do mes de marzo


O Concello de Frades convoca catro xornadas dedicadas á saúde nas instalacións do Hotel Balneario Compostela (Brión), que terán lugar todos os martes do próximo mes de marzo. Os veciños e veciñas empadroados en Frades que desexen participar deberán anotarse no Concello ou no teléfono 981 695 567 a partir do 13 de febreiro. Como en anos anteriores, a admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición.

O prezo de inscrición mantense nos 40 euros por persoa, xa que o Concello de Frades subvenciona o 70% do custe da iniciativa. Ademais, o Concello de Frades porá a disposición dos veciños un autobús que recollerá aos participantes polas distintas parroquias do municipio, con saída da Grabanxa ás 15:00 horas do martes 7, 14, 21 e 28 de marzo.

Pola súa banda, os veciños deberán levar das súas casas traxe de baño, chanclas antideslizantes e gorro de piscina. Nas sesións disfrutarán dun circuíto termal que inclúe piscinas de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes.